Proxecto Son e Fotografía en Curso

FOTOGRAFÍA EN CURSO 

 Presentación e desenvolvemento da actividade. 

  1. Desde a imaxe. 
  2. Desde o son. 
  3. Desde a imaxe en movemento. (Na seguinte páxina deste blog)
 Qué é “Fotografía en Curso”? 

Actividades educativas temáticas relacionadas coa imaxe, e o son nas que participan estudantes de 4º da ESO do IES A Basella e os Departamentos de Inglés, Música e Plástica.
   
  1. Desde a imaxe: En Plástica.

Trataremos o seguinte:
  • Actividade inicial “Fotografía e realidade”: Unha experiencia profesional. Charla impartida por José Chazo. Fotógrafo e creativo da imaxe.
  • Ferramentas de traballo.  A cámara e aspectos técnicos.
  • Achegamento a o tema “Espazos Baleiros”. 
  • O noso primeiros espazo Baleiro. (Práctica en grupo) 
  • Práctica individual dunha selección de 5 fotos en saídas polos arredores do Centro. 
  • Práctica sobre un tema a elección do estudante. Mínimo 5 e máximo 10. 
 Mostra dos traballos:
  • Blog de “Producións do Con”.
  • Exposición no noso centro. 
Preme na imaxe para ver a selección da exposición:

Espazos Exteriores

Desde o son: En Música.

Qué tratamos?

O traballo sobre o son fíxose cos alumnos desde o punto de vista dos espazos sonoros.
O tratamento do espazo foi a partires do achegamento a músicas non habituais no mundo adolescente, e partindo de unha visión do espazo baleiro coma un espazo cheo ( ondas radioeléctricas que non vemos pero si sabemos que están, partículas en suspensión e gases que rechean e crean a presión atmosférica, en definitiva o que supón un espazo cheo aínda que calmo).

Como o tratamos?
  • Coñeceron o concepto platónico da harmonía das esferas: un son que está pero que non podemos percibir polos nosos sentidos.Tamén o concepto de música pura non descritiva.
  • Vimos un concerto titulado Espazos Sonoros, feito en Cantabria nun ciclo de concertos escolares, patrocinado pola Fundación Botín , conducido por Luciano Gómez Sarmiento, con fragmentos de Murray Shafer (Cuarteto nº 11),Toshio Hosokawa (Landscape I ) , Antonin Dvorak (Los cipreses y Carta de amor antiga) interpretadas polo Cuarteto de Corda ?Lafayette ? de Canadá e relacionado coas músicas non habituais deles e encadradas dentro da chamada Música Contemporánea.
  • Outras novas músicas escoitadas por eles, para poder ter unha nova visión e afastarse dos estereotipos e clichés , foron músicas contemporáneas experimentais de Schaeffer, Stochausen, e algunha música máis popular do tipo OXÍXENO de Jean Michel Jarrexunto co outras de estilo Chill Out.

Espazos sonoros


Espazos de Son from manubus on Vimeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario